Pinchos fusión e bolo mariñeiro
A sesión rematou coa elaboración, nunha segunda volta, do bolo mariñeiro con dúas versións: ameixas e mexillóns. Ademais fixemos unha cata de bolos de catro panaderías de Miño diferentes…
LANGOSTINOS AO CURRY E MANGO
Quen dixo que non se poden fusionar os ingredientes galegos con especias ou guarnicións de outros países…?
Nos obradoiros probamos a especiar uns langostinos á pranxa con curry picante, chutney de mango e guindilla e conseguimos un prato ben exótico e sinxelo de elaborar.
O BOLO MARIÑEIRO
Pero o protagonismo da xornada levouno o bolo mariñeiro de Miño, que os hostaleiros xunto con Antonio trataron de perfeccionar.
Para iso traballaron dúas versións diferenciadas: un bolo de mexillóns e bechamel e outro de crema de ameixas con patacas..
A base do bolo sempre é a mesma: bo pan de calidade, cebola chata para o sofrito e unha crema ben con nata e mantequilla ou bechamel á que lle engadimos o produto do mar. Traballamos a ameixa da Confraría de Miño e os mexillóns do Golfo Ártabro.