A Ruta do Pincho Mariñeiro de Miño é un evento gastronómico que convida a descubrir a creatividade culinaria local a través dunha selección de pinchos elaborados polos establecementos do municipio.
Durante dúas xornadas, os locais participantes ofrecerán propostas inspiradas na tradición mariñeira, combinando produto local, innovación e sabor en formato de pincho.
Unha iniciativa promovida polo Concello de Miño e financiada a través das axudas para proxectos das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.