Obradoiro 1.
Trucos para optimizar o teu servizo
Cociña pensada para o servizo real e para o día a día do restaurante, non para a receita perfecta dun libro. Este taller centrouse na práctica profesional e na organización eficiente da cociña, poñendo o foco na rendibilidade, na axilidade do servizo e na toma de decisións no momento clave.
Contidos:
- Organización de partidas en locais pequenos.
- Mise en place intelixente: que se pode deixar preparado sen perder calidade.
- Fondos base (fumets, sofritos e reducións) que sirvan para varios pratos.
- Puntos críticos do servizo: que adiantar e que facer no momento.
- Erros habituais que fan perder tempo e cartos na cociña.
Obradoiro 2.
Técnicas de cociña tradicional I
Este taller centrouse en asentar as bases imprescindibles da cociña galega, traballando cos produtos clave da nosa terra e coas técnicas fundamentais para elaborar pratos saborosos e coherentes. O obxectivo foi dar seguridade a quen comezaba na hostalaría e reforzar os fundamentos aos máis veteranos.
Contidos:
- Produtos clave de Galicia: peixes, mariscos, pataca, pemento, aceites…
- Elaboración de dous pratos tradicionais sinxelos: peixes en axada e ameixas en salsa básica.
- Técnicas básicas: coccións, guisos e salsas base.
Obradoiro 3.
Técnicas de cociña tradicional II
O taller profundizou no arroz como prato identitario, rendible e perfectamente adaptable a unha carta, incluíndo adaptacións para opcións sen glute, sen marisco e con fondos alternativos. A sesión centrouse en comprender os diferentes tipos de arroz e nas técnicas necesarias para manter calidade no servizo.
Contidos:
- Diferenciar entre arroz seco, meloso e caldoso.
- Escolleita do tipo de arroz segundo o prato.
- Elaboración de fumet galego con peixes de rocha e mariscos.
- Sofritos tradicionais.
- Como estandarizar un arroz para servizo mantendo calidade.
- Elaboración dun arroz con marisco.
Obradoiro 4.
Técnicas de cociña moderna
Os hostaleiros do Concello de Miño aprenderon como aplicar técnicas actuais sen perder a identidade da cociña galega, usando métodos sinxelos e accesibles que melloran a calidade sen necesidade de maquinaria complexa. Tamén se traballaron presentacións modernas e atractivas, mantendo o sabor e a esencia dos produtos da nosa contorna.
Contidos:
- Baixos tempos e baixas temperaturas sen necesidade de maquinaria complexa.
- Vapor, prancha e control de puntos.
- Ahumados sinxelos e acabados modernos.
- Presentacións actuais, limpas e vendibles.
Obradoiro 5.
Uso creativo de produtos locais
O obxectivo deste obradoiro foi a creación de pratos propios con identidade e sentido de lugar, combinando tradición e creatividade e tendo en conta o custo, o servizo e a presentación. Ao longo do taller os hostaleiros traballaron o proceso completo, desde a idea ata a elaboración dun pincho a partir dun produto do mar, co acompañamento da docente.
Contidos:
- Traballo creativo con bivalvos da ría.
- Como combinar tradición e creatividade.
- Construción dun prato desde a idea ata a carta.
- Pensar en custo, servizo e presentación.
Obradoiro 6.
Cociña sostible: receitas de aproveitamento
Este taller centrouse en aproveitar mellor o produto para gañar sabor, coherencia e rendibilidade, aplicando un enfoque sostible adaptado á cociña real de restaurante. Traballouse a transformación de cabezas, espiñas e cascas en caldos, cremas, recheos e pratos ou tapas atractivas.
Contidos:
- Uso de cabezas, espiñas e cascas.
- Elaboración de caldos, cremas e recheos.
- Transformar descartes en pratos ou tapas atractivas.
- Enfoque sostible aplicado á cociña real de restaurante.
- Elaboración de croquetas de peixe, cremas de marisco, fondos concentrados.
- Recreación do Bolo Mariñeiro