Usamos cookies propias para analizar os nosos servizos e mellorar a experiencia de navegación e cookies externas para mellorar o posicionamento nas búsquedas da rede. Podes obter máis información e configurar as túas preferencias en "Configuración" e + "Información".

#HostaleriaDeMiño

Cociña Mariñeira de Miño

"Os Obradorios de Cociña Mariñeira de Miño" é un programa organizado polo Concello de Miño, coa colaboración da Confraría de mariscadores de Miño e financiado polas axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do FEMP.

Os Obradoiros

Uno. Empanada do mar

Dous. Arroces

Tres. Fabas con ameixas

Catro. Mariñados

Cinco.

Seis. Bolos mariñeiros

Sete. Lamprea e milfolla

Oito.

O Cociñeiro

Antonio Amenedo, coñecido como “O cociñeiro do pazo” pode presumir dunha amplia carreira gastronómica.

Con algo máis de vinte anos como xefe de cociña do pazo de Santa Cruz de Mondoi, deseña e elabora os menús para as grandes celebracións.

Figura habitual de Madrid Fusión onde impartiu en diversas edicións a aula de formación para Mackro, e asistente de moitos eventos coma Gastronomika de San Sebastián.

Antonio pertence tamén ao grupo Coruña Cociña, un colectivo que agrupa aos máis interesantes cociñeiros da provincia e que, baseándose na transversalidade e pluraliade de estilos, traballa ao redor dunha personalidade gastronómica propia e diferenciada para A Coruña.

Non fai falla que demostre nada máis porque a súa cociña e maestría con ingredientes do mar e da terra é de sobra coñecida. Por iso, non se nos ocorre mellor personalidade que a de Antonio para levar a cabo os obradoiros de cociña mariñeira de Miño.

Contacto

obradoiroscocina@gmail.com

Organiza:

Patrocina:

Colabora: