Formación hostalería
8 Obradoiros
Formación e participación

Durante oito semanas, e dirixidos polo chef Antonio Amenedo, os hostaleiros de Miño participaron activamente nas técnicas de cociña con produtos do mar do Golfo Ártabro.

A formación foi participativa, xerando debates necesarios e destacou a aposta dos hostaleiros pola mellora constante e a importancia dunha identidade común.

Ademais, practicáronse técnicas de cociña variadas e degustáronse unha chea de moi bos produtos da contorna do Miño.