"Obradoiros de Cociña Mariñeria de Miño" é un programa organizado polo Concello de Miño financiado polas axudas de Estratexias de Desenvolvemento Local (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar ao Grupo de Acción Local (GALP) Golfo Ártabro Norte no marco do FEMP.
Cuxo fin último é crear unha marca de identidade propia, a través do marisco, na hostalería do Miño.
O mellor marisco do Golfo Ártabro cociñado cunha suave crema coa base da cebola chata de Miño, o bolo galego máis tradicional mergúllase no sabor do mar e da terra.
Despois de oito semanas en longas sesións de traballo con Antonio Amenedo, a hostalería de Miño creou lazos, gozou, aprendeu e sobre todo degustou os mellores pratos mariñeiros.
Miño sitúase no interior do Golfo Ártabro, unha das zonas de marisqueo e pesca de baixura máis importantes de Galicia.
É a sede do Grupo de Acción Local Golfo Ártabro Norte que integran os concellos de Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ares, Fene, Narón, Neda e Ferrol.
No Golfo Ártabro Norte temos as confrarías de pescadores de Miño, Pontedeume, Ares, Mugardos, Barallobre e Ferrol que se encargan de levar o produto do mar aos nosos restaurantes.